benvido á asociación

Ó abeiro do artigo 22.1 da Constitución Española e a lei 19/77 de 1 de Abril, reguladora do Dereito de Asociación constitúese a “Asociación de Viveiros Forestais de Galicia”, como asociación sen ánimo de lucro; que se identifica co acrónimo de VIFOGA”.

O seu ámbito de actuación é o territorio de Galicia e Asturias, fixando o seu domicilio na Rúa das Hedras, 6 1ºS en Milladoiro-Ames (A Coruña).

Os fins da Asociación son:

  • A representación, defensa e promoción dos intereses dos asociados e a promoción nos mercados da planta forestal.
  • Programalas accións necesarias para cubrir a demanda do mercado de planta forestal.
  • Establecelas normas de calidade que atinxan á planta forestal producida polos seus asociados tendo en conta a lexislación existente e as normas da U.E.
  • Fomentar a solidariedade e relación entre os seus asociados, así como a difusión de coñecementos entre os mesmos.
  • Organizar cursos, xornadas técnicas, seminarios, conferencias, viaxes de estudios e outras actividades formativas.
  • Facilitar a máxima información os seus asociados.
  • Fomentar accións tendentes a conseguir tanto a comercialización coma a adquisición de produtos en común.
  • Negociar convenios coa Administración e con calquera empresa pública ou privada.
  • Informar e asesorar á Administración naquelas normas que puideran afectar ó sector viveirista.
  • Elaborar informes, boletíns, fichas técnicas, proxectos, estudos monográficos, etc, sobre temas de interese para os viveiros, o sector forestal e a comunidade en xeral.
  • Integrarse, se procede, en outras Asociacións.

Para a consecución dos referidos fins, a Asociación manterase en constante relación con aquelas entidades e organismos da Administración Pública, así como con aquelas organizacións de carácter privado, público ou semipúblico que puideran estar relacionadas coa produción, comercialización e promoción da planta forestal.

feiras e congresos

« Outubro 2018 »
L M Me X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

tlf: 981 53 65 33 / fax: 981 53 64 83

Email en formato anti spam: vifoga [arroba] vifoga [punto] org

asociarse a vifoga